Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Ballet
ROMEO Y JULIETA

Compartir:

 Worldwide Ballet Theatre foi fundado en 2019 polo prestixioso bailarín e coreógrafo ucraíno Aleksey Bogutskiy. 
A compañía está composta por un elenco internacional de bailaríns procedentes de Ucraína, Francia, Italia, Irlanda e España. Esta diversidade achega unha gran riqueza artística e cultural ás súas producións. 
O corpo de baile caracterízase pola súa elegancia, técnica depurada e excelencia escénica, con formación nas mellores academias de ballet do mundo, entre elas: Academia Vaganova de San Petersburgo, Academia Coreográfica de Kiev, Academia Coreográfica de Moscova, Ballet School da Ópera Nacional de París e The Ballet Academy of the Vienna State Opera. 
Desde a súa creación, a compañía actuou con gran éxito nos cinco continentes.

Romeo e Julieta é un ballet en tres actos presentados en trece escenas, incluíndo prólogo e epílogo. O libreto é de Adrián Piotrovski, Serguéi Prokófiev, Serguéi Rádlov e Leonid Lavrovski quen é así mesmo o autor da coreografía. Está baseado na obra homónima de William Shakespeare; desenvólvese baixo o marco musical de Serguéi Prokófiev.
A estrea do ballet foi o 11 de xaneiro de 1940 no Teatro Kírov de Leningrado.
Data/s:
06 Xan 2026
Hora/s:
18:00
Duración:
120´ (60´ - 60´)
Descanso:
Si
Público:
Todos

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar