Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
Semente de Nós
¡Estrea nacional!

Compartir:

O Boletín NÓS cumpre 100 anos. Para celebralo, desde o seu berce  fundacional,

Sarabela teatro e Ollovivo coproducen este Docu-Drama: celebración-indagación  vizosa e crítica de enorme interese social e cultural.

Desde unha perspectiva contemporánea este proxecto achega, actualiza e espalla unha parte representativa do legado inxente de NÓS. Trátase de amosar (con alegría e

vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos.

Para celebrar o amor, a arte e a beleza, a cultura e a ciencia, a memoria e a esperanza.

Cosendo o pasado ao presente para proxectármonos cara a un futuro que pide a berros un cambio de paradigma sanitario, científico, ecolóxico, pedagóxico, social, cultural...

Para sumar sinerxias creadoras nunha proposta única, nun mosaico que permita ás persoas que participen mergullarse na alma dunha época que dialoga facendo audibles as voces, facendo visible o invisible. 

Data/s:
29 Out 2021
Hora/s:
20:00
Duración:
55 minutos
Descanso:
Non
Público:
Adulto
Idioma/s:
Galego

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar