Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
SHAKESPEARE PARA IGNORANTES

Compartir:

IGNORANCIA.- Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral. SHAKESPEARE.- Criador e produtor teatral de grande suceso no século XVII. O aspecto inicial do espectáculo é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns concretos coñecementos. Desde esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escena será a conferencia dun prestixioso profesor. Presumidamente, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da inmortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas moleiras dos circustantes, o concurso de dous actores talentosísimos, máis temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA. MOFA&BEFA irrompen na académica conferencia sobre o famoso autor para pór en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. A risa máis cruel, as intimidades máis vergoñosas, os actos máis deshonestos, as vilás máis astutas, os mecanismos máis ocultos do mal serán mostrados pola máquina cómica a MOFA&BEFA. Asasinos, esmoleiros, bufóns, conspiradores, cornudos, chivatos, oportunistas, torturadores, todos os personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a oportunidade de mostrarse no primeiro plano. Cando escollemos o termo “ignorantes” referímonos só a una parte do significado da palabra. Case todos os dicionarios importantes clonaron a mesma definición de ignorancia: “Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral”. Nós dirixímonos a un público falto de noticias, estritamente sobre Shakespeare e que ansíe telas, para o seu uso persoal. Pensamos que a ninguén se lle pode atribuír falta de ciencia para desfrutar de Shakespeare, porque nada do humano foille indiferente. Até o punto de que moitos afirman que el foi o zoólogo que mellor coñeceu a especie humana. O astuto e intelixente público a MOFA&BEFA poderá tirar deste espectáculo valiosos recursos para resolver problemas da a súa vida persoal, laboral ou pública.
Duración:
1 hora e 40 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Galego

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar