Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2009 Sopa de xarope de amora é, segundo o ditame do xurado, "unha comedia áxil e divertida, protagonizada por personaxes estrambóticos que actualizan algúns dos tradicionais contos de fadas creando unha atmosfera que estimula a imaxinación". A "critica social" supón "o trasfondo que está ao longo de toda a obra". A peza conta a historia de doutor Amorodo, un cientifico ao servizo das casa reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismunda. "Son reinos diminutos, que lle darán o doutor ultimatos para que consiga casar as súas fillas, ousenon decláranlle a guerra... O título vén da sopa que fai a súa ama de chaves, e el tenta descubrir cal é a receita..."