Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Voces Femeninas 2022 - Enmarcado na semana do Día Internacional contra a Violencia da Muller

Música
Voces Femeninas 2022 - Enmarcado na semana do Día Internacional contra a Violencia da Muller

Voces Femeninas

Compartir:

Voces Femininas naceu en 2008 como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo.
Trátase de dar a coñecer ao gran público a artistas incriblemente dotadas, algunhas con gran predicamento nos seus países e na escena internacional. É un espazo no que priman as cancións, no que foco para a configuración do cartel ponse na calidade das artistas.
En definitiva, a intención é reivindicar o talento de toda unha xeración de interpretes e compositoras e facelo de forma festiva no Teatro Principal de Ourense, sen o que sería imposible a realización do festival.
NAIMA BOCK
Nada en Glastonbury, con pai brasileiro e nai grega, Naima pasou a súa primeira infancia en Brasil antes de regresar finalmente a Inglaterra. A súa música bebe de todo iso. Aos quince anos formou a súa primeira banda: Goat Girl, e despois de seis anos percorrendo o mundo, Naima sentiu que era o momento de empezar o seu proxecto en solitario. O seu álbum debut, Giant Palm, publicouno Sub Pop/Memorials of Distinction en 2022.
MARIA RODÉS
A piques de publicar o seu novo disco, Maria Rodés volve a Voces Femininas con Isabelle Laundembach pero esta vez para tocar as súas cancións. A homenaxe a Cecilia foi máxico e sabiamos que tiña que volver. Non podemos ser máis fans de Maria. Non podemos ter máis ganas de vela de novo no Teatro Principal.
MARTA KNIGHT
Desde os seus primeiros pasos discográficos intuíase unha robusta personalidade como compositora. Que "Resurrection" conectase cunha audiencia millonaria explícase, en parte, polo irresistible dos seus ganchos e por unha puntaría melódica que evidencian que estamos ante un talento fóra do común.
Data/s:
24 Nov 2022
Hora/s:
20:00
Duración:
90 minutos
Descanso:
Si
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar