Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Voces Femeninas "Courtney Marie Andrews+Chloe Foy+Tainá"

Música
Voces Femeninas

Voces Femeninas

Compartir:

Voces Femininas naceu en 2008 como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo.
Trátase de dar a coñecer ao gran público a artistas incriblemente dotadas, algunhas con gran predicamento nos seus países e na escena internacional.  É un espazo no que priman as cancións, no que foco para a configuración do cartel ponse na calidade das artistas.
En definitiva, a intención é reivindicar o talento de toda unha xeración de intérpretes e compositoras e facelo de forma festiva.

Courtney Marie Andrews
Gañadora en 2018 do mellor álbum internacional nos UK Americana Awads, Courtney Marie Andrews é unha das figuras máis destacadas do folk americano dos últimos anos.
Pola elegancia das súas composicións e a súa portentosa voz Stereogum comparábaa coa gran Joni Mitchell (Stereogum), mentres que o New Musical Express situábaa a medio camiño entre Dolly Parton e Whitney Houston.
En calquera caso, non cabe dúbida que o seu nome brilla con forza no firmamento da mellor música americana, á que contribuíu a pesar da súa mocidade con seis marabillosos discos de estudo, o último (Old Flowers) publicado hai apenas un ano.

Chloe Foy
Levantada pola BBC e polos seus millóns de escoitas en Spotify, Chloe Foy é sen dúbida una das artistas a seguir na sempre frutífera escena musical británica.
En xuño deste ano publicaba o seu primeiro álbum de estudo, o marabilloso Where Shall
We Begin, no que levaba traballando case unha década,  marcada pola perda do seu pai e polos seus intentos de manterse á boia e labrarse unha carreira musical.
As súas son cancións de desarmadora beleza.  Se con razón moitas veces fálase dos poderes curativos da música, as composicións da artista británica deberían de ser de prescrición obrigatoria..

Tainá
Nada na cidade de Nova Marabá, en Pará, o segundo estado máis grande de Brasil e orgullosa da súa ascendencia indíxena, Tainá soubo aproveitar o crisol de culturas do país latinoamericano para crear unha proposta única.
Na edición 2020 dos Premios da Música Portuguesa recibiu o galardón Lusifonía, co que a se premiaba polo seu precioso disco de debut homónimo publicado en 2019.
Non estraña nada que Erlend Øye, dos Kings of Convenience a descubrise tocando na rúa, quedase prendado das súas cancións e ofrecéselle abrir os seus concertos en Portugal.
 
Data/s:
27 Nov 2021
Hora/s:
20:00
Duración:
120 minutos
Descanso:
Si
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar