Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

13 Out 2026

O Teatro Principal da Deputación realiza un simulacro de emerxencia continuando co plan de seguridade nos edificios provinciais

O Teatro Principal da Deputación realiza un simulacro de emerxencia continuando co plan de seguridade nos edificios provinciais
Esta acción desenvolveuse no marco das medidas previstas para a implantación do Plan de Autoprotección do recinto cultural provincial.

O Teatro Principal da Deputación de Ourense acolleu hoxe un simulacro de emerxencia, dando continuidade ás actuacións de seguridade tralo exercicio realizado a pasada semana no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Esta acción desenvolveuse no marco das medidas previstas para a implantación do Plan de Autoprotección do recinto cultural provincial.

A xornada comezou con sesións formativas dirixidas ao persoal do centro que forma parte dos equipos de evacuación. Posteriormente, desenvolveuse un exercicio práctico no que participaron tanto os traballadores das instalacións como os usuarios e espectadores presentes no recinto.

O simulacro, coordinado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Deputación, tivo como finalidade comprobar os procedementos de actuación ante unha posible emerxencia e familiarizar ao persoal e ao público coas medidas de seguridade e os itinerarios de evacuación.

Esta actuación forma parte da programación de exercicios de autoprotección que a Deputación de Ourense está a levar a cabo nos distintos edificios provinciais para garantir a máxima seguridade de traballadores e cidadáns. 

En vindeiras datas, realizaranse dous novos simulacros no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" e no Pazo Provincial. Así mesmo, entre os meses de febreiro e marzo do vindeiro ano repetiranse os simulacros nos catro grandes centros provinciais, contando nesta ocasión con presenza de efectivos de Policía e Bombeiros.

Compartir:

Galería

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar