O Teatro Principal de Ourense programa unha trintena de espectáculos no primeiro semestre de 2026, coa presenza de Anabel Alonso, José Sacristán e Ernesto Alterio.
O vicepresidente segundo e deputado de cultura, César Fernández, resaltou o carácter "dinámico, diverso e de calidade" das propostas e agradeceu o labor do equipo do Teatro Principal.
Teatro, cine, ópera, danza, concertos e un novo ciclo de música centran o programa.
O director da Axencia Galega das Industriais Culturais, Jacobo Sutil, puxo en valor o "gran momento" que viven as artes escénicas en Galicia.