A avaricia define a Harpagón. Usureiro e especulador, sen amigos, ninguén quere a este vello. O seu desexo por Marina, unha mociña encantadora con quen quere casar a pesa da súa pobreza, farao aínda máis desprezable e patético diante da súa familia. Sobre todo cando descobre que a súa pretendida está xa comprometida co seu fillo Cleantes. A comedia está servida. Ah, aínda non! Un pequeno detalle: aquí o ouro non ten ningún valor porque os personaxes, todos, son billas, tubos e obxectos de auga en xeral, e a riqueza que desexa de maneira enfermiza Harpagón, a auga… Desexámosvos un bo mergullo!